22 de octubre de 2013

O acoso escolar (Que é? Cando? Onde? Síntomas e Causas)

Ola a todos!!!

Aquí está o traballo que levamos feito sobre o acoso escolar. Xa vai tomando forma .

O acoso escolar

Que é? Cando e onde se dá?


O acoso escolar (tamén coñecido polo seu término en inglés bullying) é calquera forma de maltrato psicolóxico, verbal ou físico a un escolar producido por un ou máis compañeiros de maneira reiterada  ao longo dun tempo determinado. Segundo as estadísticas, o tipo de violencia dominante é a emocional e se dá maioritariamente na aula e no patio dos centros escolares.
 O acoso escolar é crueldade e trata de someter e asustar ás vítimas. É una forma característica e extrema de violencia escolar.

Tipos de acoso


1.      Bloqueo social (29,3%)

2.      Ostigamento (20,9%)

3.      Manipulación (19,9%)

4.      Coaccións (17,4%)

5.      Exclusión social (16%)

6.      Intimidación (14,2%)

7.      Agresións (13%)

8.      Ameazas (9,1%)

Cada tipo é diferente, a maneira de actuar do acosador e do acosado son distintas dependendo do que se dea.

 Os protagonistas dos casos (tanto acosados como agresores) de acoso escolar soen ser nenos e nenas en proceso de entrada na adolescencia, na maioría dos casos de 12 a 16 anos. Sendo lixeiramente maior o porcentaxe de nenas no perfil de vítimas. Pode darse en calquera colexio ou instituto de calquera lugar, máis os expertos din que canto máis grande sea o colexio máis posibilidades haberá de que suceda. En España o 1,6% dos nenos e xóvenes sofren de este problema de forma constante, e un 5,7% o vive de forma esporádica.

SINTOMAS


Algúns síntomas de Bullying, que se poden notar nun neno ou nena acosado:

·         Decaemento, tristeza, depresión.

·         Irritabilidade, cambios de humor acusados.

·         Pasa moito tempo só non sae cos seus amigos.

·         Dor abdominal, diarrea, vómitos.

·         Medo a ir a escola e pon escusas para faltar.

·         Descenso no seu rendemento escolar.

·         Presenza de lesións físicas.

·         Rotura e “perda de útiles da escola”.

·         Non fala nada da escola.

·         Comer excesivamente ou perder o apetito.

·         É posible que presente ideas ou intento de suicidios.

·         Dificultade para concentrarse e recordar detalles.

·         Falta de enerxía e exceso de fatiga.

CAUSAS


En xeral, as causas ou factores que provocan o acoso nos centros educativos soen ser persoais, familiares e escolares. No persoal, o acosador ve se  superior, ben porque conta co apoio doutros  atacantes, o porque o  acosado é alguén con moi pouca capacidade de responder as agresións. Na  maioría das ocasións , o acosador o que  quere é ver que o acosado o esta a pasar mal.

Causas familiares do acoso escolar


No terreo familiar,a orixe da violencia  nos mozos e mozas pode residir na ausencia dun pai ou na presenza dun pai violento. Esa situación pode xerar un comportamento agresivo nos nenos e  levarlles a violencia cando sexan adolescentes. Ademais diso, as tensións matrimoniais, a situación socioeconómica ou a mala organización no fogar, tamén poden contribuír a que os nenos/as teñan unha conduta agresiva.



Nada máis que engadir por agora
Unha aperta

No hay comentarios:

Publicar un comentario