22 de octubre de 2013

Diario de clase #4

Ola a todos!!!

Hoxe tivemos unha clase axetreada. E aquí o que fixemos:

 
22/10/2013
 
Hoxe tivemos que responder a diferentes cuestións en torno ao tema que nos toca para iren estruturando o traballo.
 
Ángeles díxonos que temos que cambiar o nome do grupo e o logotipo para que teñan que ver co traballo. Uxía terá que facelo e pasar o diario.
 
Hoxe tocábanos buscar os síntomas e as causas. Pero a profesora díxonos que tiñamos que ter feito tamén a parte de Que é? Onde? e Cando?
Non sabemos que facer pero buscaremos un oco.
 
 
Separámonos por parellas. Blanca e Antía fixeron os síntomas e causas e José e Uxía o apartado de Que é?
 
Costounos un pouco entender o que facer cada momento na clase (sobre todo cando estamos con Ángeles) debemos de prestar máis atención.

Nada máis que engadir por agora
Unha aperta

No hay comentarios:

Publicar un comentario