29 de octubre de 2013

O acoso escolar: Como intervir?Como erradicalo? e Exemplo dun caso real

Ola atodos!!!
Aquí está aseguinte parte do traballo. Quedou moi ben:

COMO INTERVIR? COMO ERRADICALO?


Existen moitas formas para erradicar o acoso escolar. A continuación damos uns consellos que poden axudar.

Guía breve de consellos


Ás vítimas


·         Informa aos teus profesores e aos teus país cada vez que se produza unha conduta de acoso escolar.

·         Comeza e anota diariamente nun documento tódalas condutas de maltrato que recibiras .

·         Pide aos teus país que comuniquen a túa situación ao colexio POR ESCRITO.

·         Se as condutas ocorren cando os profesores non están, acostúmate a levar todos os días ao colexio unha grabadora encendida debaixo da camiseta.

Aos país


·         Informe ao colexio POR ESCRITO das condutas  de acoso escolar que se produciran.

·         En colaboración co seu fillo anote nun documento cada nova conduta.

·         Sega informando ao colexio con frecuencia,ao menos quincenalmente, mentres se segan producindo condutas de acoso.

·         Solicite como medida a implantación dun protocolo validado contra o acoso escolar.

·         Se o colexio nega a situación facilite unha grabadora ao seu fillo onde quede rexistrado calquera incidente ocorrido.

·         Solicite a un especialista unha avaliación do acoso e presente o informe no centro.

Aos profesores e centros


·         Adopte un protocolo (oficial e validado) contra o acoso escolar.

·         Informe en cada aula , a comenzos de cada curso, de que non se tolerarán conductas de violencia e acoso.

·         Aporte un listado de conductas non admitidas.

·         Adopte un réximen de sancións contra as condutas do acoso. As sancións deben ser acordes á gravidade da situación e á frecuencia coa que se deran.

·         Instruya aos profesores para que sanciones ou amonesten as situación leves  de violencia ocorridas durante as clases. Isto transmite unha mensaxe de TOLERANCIA CERO das condutas de acoso ao alumnado.

·         Nunca deixen pasar unha conduta de acoso por sutil que sexa, porque estarán dando un consetimento informal para que esa conduta se repita.

·         Avalue trimestralmente os niveis da violencia psicolóxica e física do centro con probas debidamente validas.A avaliación desincentiva a violencia.

·         Protexan ás vítimas e sancionen as condutas de acoso.

·         Cando detecten condutas de acoso u hostigamento recurrentes hacia un alumno poñan en marcha un protocolo contra o acoso escolar.

·         EVITEN MEDIDAS IMPROVISADAS NON RECOMENDADAS POR PROTOCOLOS OFICIAIS (Eviten a “mediación”, os careos entre vítimas e agresores, non esperen a que os agresores confesen abertamente, eviten os catigos colectivos…).

Exemplo de un caso real


Podemos atopar moitos casos deste tipo. Uns máis graves que outros, uns que acaban arranxándose e outro que non o fan. Este de a continuación ten un bo final e é moi leve.

*Esta chica sufriu acoso escolar e o conta así:

Lendo as noticias que aparecen na prensa estes días sobre o acoso escolar cheguei a unha conclusión: Eu fun vítima do acoso escolar. Había unha lista co as situacións que se consideraban acoso e vos aseguro que as cumpría todas.
Para empezar vos direi que son miope e era boa estudante co que o primeiro era unha “catro ollos” e co segundo unha “empollona” (entre outros nomes derivados do meu apelido que prefiro non citar aquí para manter a  miña identidade secreta).
Na escola había un grupo de “gamberros” cun líder gallito e outro que era de verdade o que mandaba pero que non daba tanto a nota, vamos, un líder na sombra. Lle facían a vida imposible a todo bicho vivente, pero en especial a min e a outra chica a que lle poñían ata chinchetas na cadeira e a tiraban ao chan (conmigo nunca chegaron a tanto, conformábanse con insultarme, esconderme as cousas ou tiralas pola ventá).
A dirección da escola non facía nada, a pesar de que os mestres tamén sufrían o seu con eles. Dicían que mellor estaban alí que na rúa converténdose nuns delincuentes.
De eles direi que ningún chegou a iso. A maioría están casados, teñen fillos e unha vida normal. A destacar dos casos: o gallito se fixo militar e o líder na sombra morreu traxicamente atropelado (din que se suicidou por unha chica). Lendo o que din agora de que o 60% serán delincuentes me da un pouco de risa, de verdade. Neste caso foi o 0%.
Logo chegou o instituto e continuou a historia. Os “abusóns” eran outros porque os da escola sobra dicir que non chegaron ao instituto (con 16 anos e habendo repetido todo o que podían fóronse da escola). Cando vives nun pobo, é o que pasa, se eres empollona e catro ollos, a túa fama precedente e aínda que non te coñezan da igual.
Por sorte durou pouco xa que como tampouco eran bos estudantes, o segundo ano xa non fun máis a clase con eles e ao pouco tempo deixaron o instituto.
Durante todo ese tempo, non direi que o pasara ben, pero tiña as miñas amigas (que eran poucas pero boas) saía por aí e fora do entorno escolar o pasaba ben. Non creo que teña ningunha trauma por iso.Máis estou segura de houbo moitos rapaces e rapazas que o pasaron peor que eu e terminaron mal.




Nada máis que engadir por agora
Unha aperta

No hay comentarios:

Publicar un comentario