24 de febrero de 2014

Diario de clase #3

Ola!
Aqui vos presentamos o diario de clase desta sesión.


24/02/14

Hoxe buscamos actividades para poder facer cos nenos e rematamos o feito na sesión anterior.

Hoxe traballamos ben pero non coma outros días.

Saudos dende o noso grupo cooperativo.





18 de febrero de 2014

Diario de clase #2

Ola!
Traiovos o diario de sesións de hoxe, votádelle un ollo.

18/2/2014

Rematamos de facer o da sesión anterior, pois non acabaramos.
Comparamos o tema do noso proxecto cos dereitos humanos, preparamos un texto.

Blanca e máis Antía prepararon o que quedara da exposición anterior os primeiros 10 minutos.
Todos buscamos información e elaboamos o texto de hoxe.

Nada máis que engadir por agora,
Unha aperta

Os dereitos humanos na nosa campaña

Ola!
Aquí o noso traballo de hoxe. Tivemos que escribir o que teñe que ver o noso tema coa Declaración dos Dereitos Humanos. Este é o noso texto.

O Bullying ou acoso escolar é un fenómeno social moi preocupante, posto que vai en contra dos dereitos humanos das persoas. Na mesma encóntranse establecidas o dereito a: a integridade persoal física, psíquica e moral, a liberdade persoal, a liberdade de expresión, a protección da liberdade de conciencia e de relixión, reunirse libremente e a asociarse, a identidade e a nacionalidade, a propiedade privada, circular e a residir no territorio dun Estado, non ser discriminado, vivir en paz.
Nos casos de acoso escolar, ponse en risco algún artigos da Declaración do Dereitos Humanos. Basicamente os que teñen que ver coa seguridade da persoa ante outros cidadáns e a violencia e ataques contra este. Un individuo crese superior ao outro ao ferilo, pero os dereitos humanos aclaran que todos somos iguais na sociedade.
Por exemplo, no artigo nº3 reflíctese que cada persoa ten dereito á seguridade mais cando unha situación destes se produce a vítima vese danada. Tamén no nº5 dise que non deben ser torturados, e o acoso é xusto iso, unha tortura tanto física como psicolóxica.

Nada máis que engadir por agora,
Unha aperta

Diario de clase #1 (2ª parte)

Ola!
Isto é o que fixemos na clase ao retomaren o proxecto.

18/2/2014

Comezamos a prepararren a campaña de prevención.
Tivemos que marcar uns obxectivos, uns valores e unhas actividades a realizar, a parte de cales serán os nosos receptores.

Blanca estivo preparando o novo caderno de equipo.
Mentres as dúas Uxías e José estiveron facendo o traballo, consultando tamén con Blanca.
Antía non traballou connosco porque estaba a facer un exame.


Nada máis que engadir por agora,
Unha aperta



Preparando a campaña

Ola!
Hoxe comezamos a preparar a nosa campaña. Pactamos uns obxectivos, os receptores, valores a tratar e accións a realizar. Aquí volo traio:

Obxectivos:
1-Reducir os casos de acoso.
2-Dar información de cómo axudar ou prevelo.
3-Concienciar sobre os posibles danos.
4-Reflexión sobre a empatía coas vítimas. “como se sentirían”
5-Facer sacar conclusións aos nenos para que non acosen de maiores.

Receptores:
Os nenos e nenas do último ciclo de primaria (5º e 6º). Hai que conciencialos dende pequenos para que na secundaria no ocorran casos deste tipo.

Valores:
1-O recoñecemento da convivencia como un valor fundamental da educación.
2-O coñecemento do que pode pasar.
3-A compaixón cara as vítimas.
4-A empatía cos que sofren.
5-O pensamento de non facer mal.

Accións:
Lugar
Actividade
Materiais necesarios
Permisos e outros
Clase 5ºA

Presentación dun Powert Point e actividades preparadas, máis un cartel. Con 5ºA




Guión,actividades, panfletos, carteis…

Rita, o tutor/a correspondente, xefe de estudos e mestre/a da materia que lles toque
Clase 5ºB




Presentación dun Powert Point e actividades preparadas, máis un cartel. Con 5ºB
Guión,actividades, panfletos, carteis…
Rita, o tutor/a correspondente, xefe de estudos e mestre/a da materia que lles toque
Clase 6ºA








Presentación dun Powert Point e actividades preparadas, máis un cartel. Con 6ºA
Guión,actividades, panfletos, carteis…
Rita, o tutor/a correspondente, xefe de estudos e mestre/a da materia que lles toque

Clase 6ºB






Presentación dun Powert Point e actividades preparadas, máis un cartel. Con 6ºB
                                                                                                                                       



                                                                                                                     

Guión,actividades, panfletos, carteis…
Rita, o tutor/a correspondente, xefe de estudos e mestre/a da materia que lles toque



E isto foi todo
Unha aperta