18 de febrero de 2014

Os dereitos humanos na nosa campaña

Ola!
Aquí o noso traballo de hoxe. Tivemos que escribir o que teñe que ver o noso tema coa Declaración dos Dereitos Humanos. Este é o noso texto.

O Bullying ou acoso escolar é un fenómeno social moi preocupante, posto que vai en contra dos dereitos humanos das persoas. Na mesma encóntranse establecidas o dereito a: a integridade persoal física, psíquica e moral, a liberdade persoal, a liberdade de expresión, a protección da liberdade de conciencia e de relixión, reunirse libremente e a asociarse, a identidade e a nacionalidade, a propiedade privada, circular e a residir no territorio dun Estado, non ser discriminado, vivir en paz.
Nos casos de acoso escolar, ponse en risco algún artigos da Declaración do Dereitos Humanos. Basicamente os que teñen que ver coa seguridade da persoa ante outros cidadáns e a violencia e ataques contra este. Un individuo crese superior ao outro ao ferilo, pero os dereitos humanos aclaran que todos somos iguais na sociedade.
Por exemplo, no artigo nº3 reflíctese que cada persoa ten dereito á seguridade mais cando unha situación destes se produce a vítima vese danada. Tamén no nº5 dise que non deben ser torturados, e o acoso é xusto iso, unha tortura tanto física como psicolóxica.

Nada máis que engadir por agora,
Unha aperta

No hay comentarios:

Publicar un comentario